Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cidade amigable cos animais

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Licenza para tenza de animais potencialmente perigosos

En que consiste?:

A persoa propietaria, que posúe ou ten un animal considerado como potencialmente perigoso debe obter a licenza administrativa municipal no Concello onde estea empadroada.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Presencial

Que se necesita?:

  1. Fotocopia do DNI
  2. Aboamento das taxas previstas na Ordenanza fiscal nº 1 (taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos) e na Ordenanza fiscal nº 10 (taxa por prestación de servizos de sanidade preventiva, relacionados con animais de compañía)
  3. Fotografía tamaño carné
  4. Certificado de non ser sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas na Lei 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. Lugar de obtención: Delegación Provincial da Consellería de Medio ambiente - Edificio Administrativo Monelos, praza Luis Seoane s/n. Tel.: 981 184 539 / 981 184 499.
  5. Certificado de antecedentes penais. Poderá obterse acudindo á Xerencia Terrorial do Ministerio de Xustiza, sito na rúa Alcalde Casás s/n desta cidade, ou ben mediante autorización expresa ao Concello da Coruña para que tramite a dita solicitude. A autorización, cuberta cos datos do solicitante e asinada por el, entregarase no Rexistro Xeral deste Concello xunto co resto da documentación, para que a Área de Medio Ambiente xestione a obtención do certificado.
  6. Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polos directores dos centros médico-psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.
  7. Xustificación da subscrición e formalización para o animal dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000 €, por danos a terceiras persoas, aínda que o animal sexa cedido a outra persoa para o seu coidado, sempre que esa persoa teña licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos, aínda que non sexa a persoa tomadora, asegurada ou propietaria do can. Este extremo acreditarase mediante a presentación dunha copia da póliza do seguro, ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente.
  8. Copia do último recibo de seguro.

Internet

Teléfono

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?