Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cidade amigable cos animais

Colonias felinas coruñesas

Gatiño entre flores

Colonias felinas coruñesas

Chámaselle colonia felina á agrupación de gatos da rúa que viven en liberdade en contornas urbanas controladas, nas cales se lles permite vivir en liberdade e son alimentados, desparasitados, controlados e vixiados por asociacións protectoras sen ánimo de lucro.

As ditas colonias son xestionadas a través do método CES (Captura-Esterilización-Solta) tras o que se lles realiza un corte na orella (esquerda ou dereita dependendo do sexo) de forma que poidan ser identificados visualmente como gatos esterilizados e controlados.

Actualmete no noso municipio contamos con sete colonias xestionadas por diferentes asociacións tras a sinatura dun convenio de colaboración co Concello da Coruña, e estas están autorizadas e acreditadas para o seu coidado diario, así como para a súa captura, esterilización e solta.

  • Colonia Felina Oceanográfico, xestionada pola Asociación Coruña
  • Colonia Felina Adormideras, xestionada pola Asociación Gatuchinhos
  • Colonia Felina Praza Almirante Romay, xestionada pola Asociación Micos e Nos
  • Colonia Felina Os Rosales, xestionada pola Asociación Gatuchinhos
  • Colonia Felina Dársena de Oza, xestionada pola Asociación Gatocan
  • Colonia Felina Barrio das Flores, xestionada pola Asociación Felinos Felices
  • Colonia Felina A Falperra, xestionada pola Asociación Felinos Felices

Se estás interesado en colaborar con algunha destas asociacións ponte en contacto connosco mediante o teléfono de antención á cidadanía 010 e informarémoste.

Tamén che pode interesar

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?