Concello da Coruña

Concello da Coruña

«Ir ao museo: xogar sen regras», charla na Casa das Ciencias

Marcos Pérez Maldonado, director dos Museos Científicos Coruñeses, ofrecerá a charla que cerra o ciclo de conferencias do 25 aniversario da AACC.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/07/2018

Xa rematou

Horario:

Ás 19.00 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

Entrada libre

Páxina web:

https://www.amigoscc.es/charla-de-marcos-perez/

Un museo como a Casa das Ciencias pódese visitar de moitas formas, pero ningunha tan interesante como aquela na que as exposicións se imaxinan como un campo de xogo. Lamentablemente a nosa lingua limita o que os ingleses chaman playground e os franceses aire de jeux a un espazo só apto para a infancia, pero se é certo aquilo de que todos levamos un neno escondido dentro, a idea pode servirnos igual. Nun parque infantil hai obxectos que podemos explorar: randeeiras, tobogáns, noras, areeiros. E son tan atractivos que non necesitamos moita motivación para volver alí día tras día. Os mecanismos non teñen instrucións, non as necesitan. En realidade todos asumimos que é asunto noso descubrir non tanto como funcionan como para que serven, ou mellor aínda, que podemos sacar deles cando os exploramos pola nosa conta ou en colaboración con outras persoas usuarias, amizades ou descoñecidas.

Poderiamos xustificar a importancia dos parques infantís co argumento de que estas visitas permítennos aprender (mediante a experiencia directa) conceptos como o rozamento, o movemento oscilatorio ou a forza centrípeta ou a inercia. Tamén poderiamos destacar as bondades do exercicio físico, ou as oportunidades para a socialización. Pero en realidade todos sabemos que os parques infantís son imprescindibles porque alí xógase, e xogar é divertido.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión