8 de novembro de 2017
A Concellería de Emprego e Economía Social, a través dun convenio asinado coa Excma. Deputación Provincial da Coruña, levará a cabo accións de formación, encontros, xornadas, networkings e accións de promoción e apoio ao Centro ACCEDE Papagaio, un referente de coworking na cidade, que actualmente está en plena ocupación.
As accións levadas a cabo no marco deste convenio son:
1.- Formación, encontros e xornadas
Impartiranse as seguintes accións formativas froito de prospeccións entre os emprendedores e viveiristas municipais:
Financiamento, procura de investidores
Improvisación para persoas emprendedoras
Realizaranse dous networking que se desenvolverán arredor de dúas temáticas:
Networking Arquitectura Dixital
Levaranse a cabo dúas xornadas con diferentes relatores e actividades en ámbitos tecnolóxicos e de interese tanto para os emprendedores con proxecto como aqueles en fase de procura e maduración:
Encontros no Papagaio "Especial emprendedores"
Xornada de emprendedoras no sector dixital e tecnolóxico
2.- Accións encamiñadas á publicidade e promoción do Centro ACCEDE Papagaio, tales como, vídeos promocionais, impresión de dossieres de información e acollida, polidípticos, posicionamento da web e redes sociais, cuñas de radio...
3.- Contratación dunha persoa para a realización de accións de dinamización do espazo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible