Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de outubro de 2017

GREENWEEKEND A Coruña

Greenweekend é unha xornada impulsada pola Concellería de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña, enmarcada no programa "Emprendemento Coruña", que se desenvolverá a fin de semana do 20 ao 22 de outubro e busca fomentar a economía verde e os proxectos de emprendedores ambientais.

Así será Greenweekend na Coruña:

  • Venres 20 de outubro: pola tarde, coa chegada das persoas participantes comeza o networking e as presentacións informais. Despois haberá unha pequena presentación sobre o evento, tras a que cada persoa terá dous minutos para lanzar a súa idea. Tras as exposicións todas as ideas serán votadas polos propios emprendedores. Coas mellores ideas crearanse os grupos de traballo.
  • Sábado 21 de outubro: os equipos traballarán durante todo o día, cos descansos ocasionais para comer ou escoitar os talleres. Os/as mentores/as proporcionarán durante a xornada o asesoramento concreto no ámbito das súas competencias para os equipos que o desexen.
  • Domingo 22 de outubro: durante a mañá os equipos seguirán traballando nos seus proxectos con descansos para charlas curtas, e despois de comer cada equipo terá 5 minutos para presentar o seu proxecto. O xurado, composto por representantes de empresas e institucións públicas, fará as votacións e seleccionará os mellores equipos e ideas. Os 3 mellores proxectos contarán con apoio loxístico e premios que lles axuden a consolidar a súa idea.

Greenweekend é un evento ideado para profesionais do sector ambiental: persoas candidatas, emprendedores e empresas. É un espazo deseñado para facer contactos, conseguir un emprego, coñecer outra xente con inquietudes e ilusións semellantes ou traballar e colaborar xuntas durante toda a fin de semana para lanzar ao mercado novos proxectos empresariais. Trátase da ocasión perfecta para persoas con espírito emprendedor que teñan ideas ou se atopen en busca de inspiración.

Enderezo:

Rúa Hospital 19. 15001 A Coruña

Páxina web:

http://greenweekend.org/index.php/ciudades-gw/proximos/a-coruna-octubre-2017

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión