Concello da Coruña

Concello da Coruña

Co Lab: Convocatoria para a contratación de servizos

Convocatoria pública

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/06/2017 ata o 16/06/2017

Xa rematou

Duración:

10 días hábiles a contar desde a súa publicación

Páxina web:

www.coruna.gal/participacion

Hashtag:

#colab

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Conce llaría de Participación e Innovación Democrática

Praza de María Pita, 1 -2º

Te. 981.184.200 Ext. 10909

participacion@coruna.es

INTRODUCIÓN

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Participación e Innovación Democrática, ten entre os seus obxectivos desenvolver programas de participación innovación social de cara a mellorar a vida das persoas e facer unha cidade máis igualitaria.

De cara a acadar este obxectivo a Concellería de Participación e Innovación Democrática abriu o programa "Laboratorio de Innovación Cidadán" (Co-Lab), espazo de producción de coñecemento a través de grupos de traballo e investigación para impulsar procesos de participación cidadá e innovación cidadá e buscar unha transformación social, que contribúa ao desenvolvemento cultural, social e económico da nosa cidade.

No marco do Co Lab se procede a convocar os procesos de contratación que se detallan a continuación:

1. CONVOCATORIA PARA O SERVIZO DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA LABORATORIO DE INNOVACIÓN CIDADÁN 2017 

OBXECTO

Esta convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa física ou xurídica que desenvolva o servizo de comunicación do programa "Laboratorio de Innovación Cidadán 2017" impulsado pola Concellería de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña.

A adxudicación dos traballos á proposta mellor valorada realizarase mediante resolución da Concelleira de Participación e Innovación Democrática e formalizarase mediante contrato menor, conforme ao establecido no artigo 138 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos del Sector Público (TRLCSP).

PARTICIPANTES

De conformidade co art. 54 do TRLCSP, poderán concorrer as persoas naturais ou xurídicas, que tendo plena capacidade de obrar non estean incursas nas prohibicións de contratar reguladas no art. 60 do TRLCSP e que se dediquen profesional ou empresarialmente a actividades relacionados co obxecto do contrato.

Requisito de admisión:

  • Experiencia en prestación de servizos similares ao do obxecto deste contrato
  • Coñecemento da cidade da Coruña, do tecido de iniciativas cidadás e organizacións da mesma.

PRAZO E HORAS DE DEDICACIÓN

O prazo deste contrato menor abranguerá desde a adxudicación do mesmo ata o fin do ano 2017.

A persoa física ou xurídica adxudicataria deberá desenvolver as súas tarefas cun tempo mínimo de dedicación, que consistirá nunha media de 25 horas semanais, aínda que non se distribuirán necesariamente de forma proporcional, senón atendendo ás necesidades de traballo en cada etapa do contrato.

>> Ver bases completas da convocatoria no documento de descarga

2. CONVOCATORIA PARA O SERVIZO DE COORDINACIÓN DENTRO DO PROGRAMA LABORATORIO DE INNOVACIÓN CIDADÁN 2017

OBXECTO

Esta convocatoria ten como obxectivo a selección de unha persoa física ou xurídica que desenvolva o servizo de coordinación do programa "Laboratorio de Innovación Cidadán" coas funcións de coordinar o proxecto do Laboratorio con todos os proxectos que se van poñer en marcha así como todas as actividades complementarias que se desenvolvan e demais funcións detalladas no apartado 10 deste documento.

A adxudicación dos traballos á proposta mellor valorada realizarase mediante resolución da Concelleira de Participación e Innovación Democrática e formalizarase mediante contrato menor, conforme ao establecido no artigo 138 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos del Sector Público (TRLCSP).

PARTICIPANTES

De conformidade co art. 54 do TRLCSP, poderán concorrer as persoas naturais ou xurídicas, que tendo plena capacidade de obrar non estean incursas nas prohibicións de contratar reguladas no art. 60 do TRLCSP e que se dediquen profesional ou empresarialmente a actividades relacionados co obxecto do contrato.

Requisitos de admisión:

  • Experiencia en dirección e coordinación de proxectos e equipos de coñecemento aberto, innovación social e participación cidadán.
  • Manexo de ferramentas dixitais de comunicación, documentación e traballo colaborativo.
  • Experiencia de traballo en equipo.
  • Coñecemento da cidade da Coruña, do tecido de iniciativas cidadás e organizacións da mesma.

PRAZO E HORAS DE DEDICACIÓN

O prazo deste contrato menor abranguerá desde a adxudicación do mesmo ata o fin do ano 2017.

A persoa física ou xurídica adxudicataria deberá desenvolver as súas tarefas cun tempo mínimo de dedicación, que consistirá nunha media de 25 horas semanais, aínda que non se distribuirán necesariamente de forma proporcional, senón atendendo ás necesidades de traballo en cada etapa do contrato.

>> Ver bases completas da convocatoria no documento de descarga

3. CONVOCATORIA PARA O SERVIZO DE MEDIACIÓN DENTRO DO PROGRAMA LABORATORIO DE INNOVACIÓN CIDADÁN 2017 

INTRODUCIÓN

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Participación e Innovación Democrática, ten entre os seus obxectivos desenvolver programas de participación e innovación social de cara a mellorar a vida das persoas e facer unha cidade máis igualitaria.

De cara a acadar este obxectivo a Concellería de Participación e Innovación Democrática abriu o programa "Laboratorio de Innovación Cidadán" (Co-Lab), espazo de producción de coñecemento a través de grupos de traballo e investigación para impulsar procesos de participación cidadá e innovación cidadá e buscar unha transformación social, que contribúa ao desenvolvemento cultural, social e económico da nosa cidade.

Un paso para poñer en marcha este "Laboratorio de Innovación Cidadán" é esta convocatoria para a contratación do servizo de mediación que terá como función principal buscar vínculos entre proxectos, persoas, organizacións e programas realizados en ou polo Concello da Coruña que teñan como finalidade principal a participación e a innovación social.

OBXECTO

Esta convocatoria ten como obxectivo a selección de SEIS persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan o servizo de mediación coas funcións de acompañar, vincular e mediar entre proxectos de participación e innovación social do Concello, outras organizacións, empresas, colectivos e persoas individuais da cidade.

Ademais deberán garantir un acompañamento aos proxectos que se apoian a través dos contratos resultantes da convocatoria para a realización mediante contratos menores de proxectos de participación e innovación social dentro do programa "Laboratorio de Innovación Cidadán 2017" da Concellería de participación e innovación democrática e ás actividades relativas ao dito programa.

A adxudicación dos traballos á proposta mellor valorada realizarase mediante resolución da Concelleira de Participación e Innovación Democrática e formalizarase mediante contrato menor, conforme ao establecido no artigo 138 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos del Sector Público (TRLCSP).

PARTICIPANTES

De conformidade co art. 54 do TRLCSP, poderán concorrer as persoas naturais ou xurídicas, que tendo plena capacidade de obrar non estean incursas nas prohibicións de contratar reguladas no art. 60 do TRLCSP e que se dediquen profesional ou empresarialmente a actividades relacionados co obxecto do contrato.

Requisitos de admisión:

  • Experiencia en proxectos de coñecemento aberto, innovación social e participación cidadá.
  • Manexo de ferramentas dixitais de comunicación, documentación e traballo colaborativo e en rede.
  • Experiencia de traballo en equipo e dinamización de grupos da persoa que se adscriba ao contrato.
  • Coñecemento da cidade da Coruña, do tecido de iniciativas cidadás e organizacións da mesma.

PRAZO E HORAS DE DEDICACIÓN

O prazo dos contratos menores abranguerá desde a adxudicación dos mesmos ata o  fin do ano 2017.

As persoas mediadoras deberán desenvolver as súas tarefas cun tempo mínimo de dedicación, que consistirá nunha media de 15 horas semanais, aínda que non se distribuirán necesariamente de forma proporcional, senón atendendo ás necesidades de traballo en cada etapa do contrato.

>> Ver bases completas da convocatoria no documento de descarga

Documentos relacionados

  • 2017 Convocatoria contrato menor servizo de COMUNICACIÓN do Co Lab (36 KB)
  • 2017 Convocatoria contrato menor servizo de COORDINACIÓN do Co Lab (34 KB)
  • 2017 Convocatoria contrato menor servizo de MEDIACIÓN do Co Lab (38 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión