Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Proceso Participativo EcoHortas

eco hortas

EcoHortas é un proceso de participación aberto no marco de "A Porta Aberta", específico para definir a localización e as especificacións de tres novas hortas urbanas e comunitarias que se porán a disposición da cidadanía da Coruña.

Con estes novos espazos cultivables, as ecoHortas, o Concello de A Coruña pretende dar resposta á demanda veciñal de espazos destinados a cultivos na cidade, potenciando e integrando proxectos de hortas urbanas como parte esencial dun proceso de rexeneración urbana e territorial, dende unha perspectiva ecolóxica. Así, enténdense as ecoHortas como espazos cos cales non só se pode mellorar a calidade ambiental, senón que tamén poden convertirse en excelentes lugares de encontro; espazos de participación social e de educación ambiental, dende os que aumentar as sensacións de benestar e a calidade de vida.

As ecoHortas, estarán situadas en terreos de titularidade municipal nas áreas de Os Rosales-San Pedro de Visma-Agra do Orzán, Mesoiro-Novo Mesoiro, e Oza-Castrillón-Os Castros, e os seus usos e ubicacións definitivas definiranse a través da participación cidadá, na que están invitadas a implicarse as distintas entidades sociais do barrios nas que se ubicarán, así como todas as persoas que o desexen, co fin de que se axusten a demanda real de cada unha das tres zonas.

Cal é a finalidade do proceso de participación cidadá?

A finalidade é dobre:

1. Detectar persoas interesadas en cultivar unha hortiña no seu barrio.

2. Decidir as mellores localizacións en 3 grandes áreas:

  • Os Rosais / San Pedro de Visma / Agra do Orzán
  • Mesoiro / Novo Mesoiro
  • Oza / Castrillón / Os Castros

DATAS DE ESPAZOS E ENCONTROS

Calendario e localización das presentacións no ano 2016:

  • 09 Novembro: Centro Sociocultural Ágora, ás 18:30 h
  • 10 Novembro: Centro Cívico Eirís, ás 18:30 h
  • 12 Novembro: Centro Cívico Novo Mesoiro, ás 11:00 h

Calendario e localización dos encontros nos barrios no ano 2016:

  • 15 Novembro: Centro Cívico Castrillón, ás 18:30 h
  • 16 Novembro: Centro Cívico San Diego, ás 18:30 h
  • 19 Novembro: Centro Cívico Novo Mesoiro, ás 11:00 h
  • 23 Novembro: Centro Cívico Os Rosais, ás 18:30 h
  • 24 Novembro: Centro Cívico San Pedro de Visma, ás 18:30 h
  • 28 Novembro: Centro Sociocultural Ágora, ás 18:30 h

Gustariache ter unha horta na cidade? Pois este é o teu momento!

Teño interese. Como podo participar?

Se queres implicarte no proceso, podes facelo utilizando calquera das seguintes opcións:

  1. Asistindo as presentacións e aos encontros nos barrios

  2. Chamando ao teléfono 608 201 251 (horario de 10.00 - 19.00 h, de luns a venres)

  3. Enviando un e-correo a: ecohortas.coruna@gmail.com

  4. Ou inscribíndote neste formulario   (só habilitado co proceso activo)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?