Concello da Coruña

Concello da Coruña

Co-Lab: Convocatoria para a realización de proxectos de Innovación Social

Convocatoria pública

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/06/2017 ata o 16/06/2017

Xa rematou

Duración:

10 días hábiles a contar desde a súa publicación

Hashtag:

#colab

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Conce llaría de Participación e Innovación Democrática

Praza de María Pita, 1 -2º

Te. 981.184.200 Ext. 10909

participacion@coruna.es

Documentos:

2017 Convocatoria proxectos de Innovación Social no Co Lab (49 KB)

Esta convocatoria ten como obxectivo a potenciación da investigación e o desenvolvemento de seis proxectos de participación e innovación social con impacto na cidade da Coruña, na súa área metropolitana ou, de ser o caso, en Galicia, para o cal se seleccionarán as seis mellores propostas que serán obxecto dun contrato menor cada unha delas.

A adxudicación dos traballos á proposta mellor valorada realizarase mediante resolución da Concelleira de Participación e Innovación Democrática e formalizarase mediante contrato menor, conforme ao establecido no artigo 138 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos del Sector Público (TRLCSP).

PARTICIPANTES

De conformidade co art. 54 do TRLCSP, poderán concorrer as persoas naturais ou xurídicas, que tendo plena capacidade de obrar non estean incursas nas prohibicións de contratar reguladas no art. 60 do TRLCSP e que se dediquen profesional ou empresarialmente a actividades relacionados co obxecto do contrato. Cada licitadora poderá presentar unha única proposta.

Requisitos de admisión:

  • Experiencia en como mínimo dous proxectos de coñecemento aberto, innovación social e participación cidadá.
  • Manexo de ferramentas dixitais de comunicación, documentación e traballo colaborativo.
  • Que se trate de proxectos interdisciplinares.
  • Que sexan proxectos que  compartan e publiquen en código aberto tanto o proceso como os resultados do proxecto.
  • Que sexan proxectos que teñan ao seu redor comunidades de aprendizaxe.

CONDICIÓNS

  • Tratarase de proxectos de participación e innovación social con impacto na cidade da Coruña, na súa área metropolitana ou, se é o caso, en Galicia.
  • Poderase tratar dun proxecto completo ou dunha fase dun proxecto no que xa se está traballando.
  • Os proxectos ou a fase da que se trate deberán desenvolverse no ano 2017.
  • Cada proxecto poderá recibir un importe máximo de 10.000 euros, IVE engadido que incluirá a totalidade dos gastos necesarios para o seu desenvolvemento.

As persoas adxudicatarias terán todos os dereitos e obrigas inherentes a súa condición de empresarias do persoal a empregar, de acordo coa lexislación laboral e social aplicable, sen que en ningún caso o Concello da Coruña resulte responsable das relacións entre o contratista e os seus traballadores/as.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

As propostas presentaranse, xunto coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de propostas será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación desta convocatoria na páxina web (https://www.coruna.gal/participacion/es) e no perfil do contratante do Concello da Coruña.

>> Ver bases completas da convocatoria no documento de descarga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión