O obxecto desta convocatoria é a regulación da concesión de bolsas de comedor, destinadas a familias do Concello da Coruña, en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, que serán incompatibles con calquera outra axuda doutras institucións públicas ou privadas que puidesen percibirse coa mesma finalidade.
REQUISITOS
- Estar empadroados e empadroadas, residir de forma efectiva no Concello da Coruña e convivir cos menores de idade para os que se solicita a bolsa. Dado o carácter municipal destas axudas, este requisito deberase manter durante todo o curso escolar, excepto casos valorados polo persoal técnico dos servizos sociais municipais.
- Ser o/a proxenitor/a ou ostentar a tutela legal do/da menor ou menores para os que soliciten a bolsa, ou ter concedido o acollemento familiar destes (base 3).
- Estar matriculados/as (ou ter solicitada a praza) en centros escolares públicos ou concertados do termo municipal da Coruña que conten con servizo de comedor en 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.
- Non ter cumpridos os 18 anos de idade con anterioridade ao comezo do curso escolar.
- Asistir ao comedor do centro durante todo o curso escolar, fóra dos meses de setembro e xuño que poden ter carácter voluntario ou non ofrecer o centro ese servizo. Non se admitirán solicitudes na modalidade de fixos descontinuos nin esporádicos. Excepcionalmente, admitirase a modalidade de fixos descontinuos para o alumnado con educación combinada.
- Non superar a renda per cápita máxima de 6.000,00€ anuais, de conformidade co baremo establecido na base 9.
- Presentar no prazo establecido a solicitude e toda a documentación preceptiva.
- Alcanzar un mínimo de 10 puntos para acceder ao servizo en aplicación do baremo.
- Estar ao corrente no cumprimento das obrigas derivadas da participación neste programa, en caso de ser beneficiario/a da bolsa o curso anterior.
DOCUMENTACIÓN PARA ACHEGAR
- Impreso de Solicitude bolsas de comedor. Será facilitado nos Rexistros municipais, nas Unidade de Atención Social (Ágora, Catro Camiños e Monte Alto), e nos centros cívicos municipais.
- Declaración responsable asinada con compromiso de cumprimento de obrigas e de residencia efectiva no termo municipal da Coruña (anexo 1).
- Fotocopia do NIF/NIE/Pas, de cada membro da unidade familiar maior de idade*
- Fotocopia completa do Libro de Familia ou, se é o caso, documentación que o substitúa.
- Fotocopia do carné ou certificado de familia numerosa actualizado, se é o caso*.
- Xustificante de empadroamento e convivencia*.
- Datos tributarios en poder da Axencia Estatal de Administración Tributaria, de todas as persoas empadroadas no mesmo domicilio maiores de 18 anos e con lazos familiares*.
- Informe de vida laboral completo e actualizado, das persoas maiores de 18 anos da unidade de convivencia, expedido pola Tesourería da Seguridade Social ou organismo que corresponda no caso de persoal funcionario.
- Xustificantes de ingresos
- Para traballadores/as en activo por conta allea: copia de 3 últimas nóminas.
- Para traballadores/as en activo autónomos: Declaración trimestral do IRPF e do IVE, dos dous últimos trimestres anteriores á data de solicitude, e, o resumo anual do último exercicio dispoñible. En caso de sociedades, copia do imposto de sociedades do último exercicio dispoñible.
- Pensionistas: xustificante da pensión mensual.*
- Demandantes de emprego con prestación/subsidio: certificado de prestacións do SEPE/INEM dos 3 últimos meses, con indicación da contía mensual que corresponda e período recoñecido*.
- Demandantes de emprego sen prestación/subsidio: certificado do SEPE/INEM de non percibir axuda*.
- Perceptores/as de RISGA ou de Renda Social Municipal. Xustificante da contía mensual actualizada e copia do documento de notificación da concesión.
- Outras prestacións: certificados emitidos polas administracións correspondentes (Xunta, Seguridade Social etc.), relativos a calquera outra prestación: prestación por fillo/a a cargo, pensións non contributivas, salario da liberdade etc*.
- Situación familiar dos pais/nais ou titores.
- En caso de separación ou divorcio: copias da sentenza e/ou do convenio regulador actualizados, que especifique a contía da pensión de alimentos.
- En caso de unións de feito separadas con fillos recoñecidos no libro de familia ou documento de análogo carácter: copia da sentenza de asignación de garda e custodia, e da pensión de alimentos. De non achegarse os devanditos documentos entenderase que non existe separación de feito, polo que ambos os proxenitores deberán presentar todos os documentos laborais e económicos esixidos a cada membro da unidade familiar.
- En situacións de falta de pagamento, presentarase a copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o Xulgado ou xustificante de inicio das actuacións. De non presentar a dita documentación considerarase que a contía por pensións compensatorias ou de alimentos establecida inicialmente estase percibindo, computando esas como ingresos efectivos.
- No caso de menores en situación de garda e custodia compartida: xustificantes de ingresos de ambas as persoas proxenitoras, que serán valorados segundo o tipo de custodia: quincenal, semestral, anual...
- En caso de acollemento familiar dos/as menores: copia da resolución, auto xudicial e/ou contrato de acollemento con indicación da contía establecida, de ser o caso. Ou do inicio das devanditas actuacións.
- Outras situacións: serán valoradas polo persoal técnico dos servizos sociais municipais.
- Certificados de discapacidade, cun mínimo do 33%, dos membros da unidade familiar de convivencia emitido polo organismo competente.*
- En casos de intolerancias alimentarias, informe médico actual no que se especifique o núm. de colexiado e o tipo de intolerancia e a dieta que se precise.
- En caso de existencia de malos tratos na unidade familiar de convivencia que tivesen lugar nos últimos 3 anos que se contarán desde a publicación desta convocatoria: acreditación da situación de violencia de xénero, segundo recolle o art. 5 da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007, do 27 de xullo).
- En casos de ter Educación Combinada, certificado da Consellería de Educación no que se especifique este tipo de educación e centros educativos nos que se vai cursar.
- Xustificantes de pago de alugueiro/hipoteca. Estes documentos serán necesarios se se quere acceder aos beneficios indicados na base 9.
- En caso de incompatibilidade horaria por motivos laborais ou formativos: certificación da empresa contratante ou do centro de formación no que constará o horario laboral/formativo de duración estable e non puntual. Se hai dous proxenitores ou conviventes, a incompatibilidade débese acreditar para ambos os dous. Estes documentos serán necesarios se se quere acceder aos beneficios indicados na base 9.
* Esta documentación presentarase só se non autoriza a consulta destes datos por parte da Administracion.
CANLES DE SOLICITUDE:
- De forma presencial nos Rexistros Municipais o Rexistro Xeral do Concello.
- Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1, C.P. 15001, A Coruña
- Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1, C.P. 15006, A Coruña
- Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña
- Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa Ancares, 15. 15190, A Coruña.
- Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello
- A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
- Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.