Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de marzo de 2024

Listaxe de persoas que deben achegar documentación para as axudas de bono-taxi 2024

Publicación da listaxe de persoas interesadas con requirimento de documentación da convocatoria de axudas para o transporte en taxi (Bonotaxi 2024). O prazo para presentar a documentación requirida é ata o 25 de marzo.

No documento que se atopa ao final desta noticia, pódese consultar a relación de persoas solicitantes, ás que se require documentación no procedemento de concesión de Axudas Bono-Taxi 2024

Quen solicitase o bono taxi e aparezan na listaxe como que non cumpren os requisitos porque lles falta presentar determinada documentación, se non a presentasen no prazo establecido, entenderase que desisten da súa solicitude, previa resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo para entregar a documentación requirida neste procedemento comeza o día 12 de marzo e termina o 25 de marzo.

Tamén se pode consultar esta información en Taboleiro de Anuncios e Edictos Municipal

Documentos:

Bono taxi 2024. Solicitantes con requirimento de documentación (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión