A tramitación deste tipo de contratos promovidos desde a área de Urbanismo, leva a cabo directamente polos órganos xestores da área.
A pesar de que non é obrigatoria para a tramitación destes expedientes a publicación de anuncio de licitación en ningún boletín ou diario oficial, nin sequera no perfil do contratante do órgano de contratación, comezaranse a anunciar a través desta páxina web de Urbanismo os contratos menores que máis adiante se especifican.
Dita decisión foi tomada co ánimo de reforzar os principio xerais de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos e co ánimo de asegurar a selección da oferta economicamente máis vantaxosa.
Desta maneira a área de Urbanismo pretende dar publicidade e transparencia as licitacións dos seguintes contratos menores:
Onde se fai?
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible