Concello da Coruña

Concello da Coruña

EDD_07_22 Aprobación inicial do Estudo de Detalle Polígono Q28.1

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle do Polígono Q 28.1 na rolda de Outeiro, 38, A Coruña. Expediente 631/2022/171.

A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o 22.11.2023, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Estudo de detalle do POL Q28.1 para o reaxuste de aliñacións e rasantes e a ordenación de volumes na rolda de Outeiro 38, A Coruña. Novembro 2023" promovido pola Fundación Juana de Vega e redactado por Díaz e Díaz Arquitectos S.L.P.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electronica do concello na apartado información urbanística; na páxina web de Urbanismo no apartado de exposición pública, e no visor "Desenvolvemento do Plan". Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 09.00 a 13.00 horas.

A Coruña, 12 de decembro de 2023

José Manuel Lage Tuñas

Concelleiro delegado responsable dá Área de Economía e Planificación Urbana

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión