Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Urbanismo

Suspensión de licenzas no ámbito do Plan Especial da Maestranza e na área do PEPRI

EXC3418_Acordo da suspensión de licenzas no ámbito do Plan Especial da Maestranza e na área do PEPRI para os efectos de estudar a súa modificación puntual

Data:

11 de outubro de 2018

ANUNCIO de acordo de suspensión de licenzas no ámbito do Plan especial da Maestranza e na área do Plan especial de protección e reforma interior (631/2018/239, EXC-34/18)

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 11 de outubro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

"PRIMEIRO.- Suspender polo prazo dun ano as licenzas de parcelación, nova edificación e demolición no ámbito do Plan Especial da Maestranza aprobado definitivamente o 12 de abril de 1994 e na área do PEPRI aprobado definitivamente o 26 de xaneiro de 2015 sinalada no plano de delimitación e suspensión, na área sinalada no informe do arquéologo municipal do 3.8.2018: Porta Real, Paseo da Dársena, explanada do Parrote, Paseo do Parrote, Ánimas, Castelo de Santo Antón, Paseo Francisco Vázquez ata a altura da rúa Veramar, avenida de Metrosidero e rúa Campo da Estrada, para os efectos de estudar a modificación puntual do devandito plan.

A suspensión non afectará as actividades sinaladas no art. 86.3 do Regulamento da Lei do solo, sen que afecte tampouco as obras de rehabilitación integral que estarán permitidas conforme ao previsto no PEPRI e na Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia.

Únese ao presente acordo o resumo executivo co contido previsto no art. 86.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o regulamento da Lei do solo.

SEGUNDO.- Incoar o expediente de modificación puntual do PERI da Maestranza do 12 de abril 1994 e do PEPRI aprobado definitivamente o 26 de xaneiro de 2015, para os efectos de poñer en valor o sistema amurallado defensivo da Cidade Vella da Coruña e os usos compatibles e deficitarios dela.

TERCEIRO.- Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos maiores diarios de difusión da provincia, así como no Taboleiro de Anuncios da Sede electrónica deste Concello.

CUARTO.- Comunicarlle o presente acordo á Consellería de Cultura e Turismo.

Contra este acordo cabe interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante o órgano que o ditou, no prazo máximo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

O plano e o resumo executivo aos que fai referencia o acordo pódense descargar da páxina web de Urbanismo www.coruna.es/urbanismo no epígrafe 'Documentos en exposición pública'.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 22 de outubro de 2018

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Máis información

Documentos en exposición pública

Exposición Pública

Botón de descargar o programa Adobe Reader.

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?