Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Urbanismo

    Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda

    Edificio Concello da Coruña

    Exposición pública de expedientes

    Relación de asuntos que se someten ao trámite de información pública coa finalidade de informar a cidadanía para o seu coñecemento e, se é o caso, para que formulen as alegacións que estimen oportunas.

    Máis información

    PXOM

    Revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal

    Acceso ao documento técnico da Revisión e Adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, aprobado definitivamente por Orde da COMATI o 25 de febreiro de 2013 e que entrou en vigor o 27 de xullo de 2013. O Plan vixente toma como base, para a súa revisión o Plan Xeral de Ordenación Municipal de 1998 que, dado o seu elevado grao de execución e os cambios lexislativos aprobados, fixo necesaria unha revisión del.

    Posteriormente á súa entrada en vigor aprobáronse instrumentos de planeamento que completan o seu desenvolvemento.

    Nesta sección recóllese a información xeral do proceso de revisión así como os documentos técnicos aprobados en cada unha das fases da tramitación.

    Máis información

    PLANO

    Modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería

    Acceso ao documento técnico da Modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da cidade Vella e Pescadería vixente, aprobado definitivamente polo Pleno Municipal na sesión do 26 de xaneiro de 2015.

    Máis información

    Planeamento vixente

    Visor web planeamento urbanístico municipal

    O Concello da Coruña pon a disposición de todas as persoas usuarias un visor web que facilita a consulta do plan urbanístico municipal vixente no municipio.

    O visor ten como base da información fornecida, o documento do Texto Refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado por Orde de 25 de febreiro de 2013 (PXOM/13), ao que se lle irán incorporando as determinacións correspondentes ao planeamento de desenvolvemento do PXOM/13, ou modificacións del.

    A información do planeamento móstrase en dous formatos distintos: planos en formato raster xeorreferenciados e formato vectorial, permitindo este último a superposición de distintos planos, así como a activación ou desactivación de capas de información e a asignación de transparencias, para lle facilitar ao usuario a visualización da información de planeamento segundo as necesidades de cada momento.

    Implementouse no visor unha ferramenta que presenta, unha vez seleccionado un punto sobre a pantalla, a información urbanística asociada coa parcela catastral correspondente.

    O visor ten un valor meramente informativo, xa que o valor normativo corresponde unicamente aos documentos aprobados polo Pleno Municipal e dilixenciados, que se custodian en formato orixinal no Servizo Municipal de Urbanismo, copia dixital dos cales pode obterse no centro de descargas da web.

    Planeamento de desenvolvemento

    Visor web estado de tramitación do planeamento de desenvolvemento

    O visor web mostra a totalidade dos ámbitos do termo municipal da Coruña na que está previsto ou se está tramitando algún expediente de planeamento, así como o seu estado de tramitación.

    A información referente ao estado de tramitación mantense actualizada, para que en todo momento os usuarios poidan coñecer a normativa urbanística municipal que resulta de aplicación nun determinado ámbito de planeamento.

    Nos ámbitos identificados como expedientes en fase de información pública, pódese acceder á documentación técnica que se expón ao público para os efectos de formular, se así se desexa, as correspondentes alegacións.

    O visor web ademais permite a descarga da documentación técnica correspondente a cada estado de tramitación.

    • Concello da Coruña
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?