Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio

Datos do proxecto Allocate

Localización: A Coruña - Socios

Duración: 01/10/2025 - 31/03/2029

Orzamento total do proxecto: 5.521.248,00 €

Orzamento total do FEDER concedido: 4.416.998,40 €

ALLOCATE (Acelerar o Apoderamento e Liderado Tecnolóxico Local mediante a Computación Aberta e a IA) é un proxecto do Concello da Coruña financiado polo FEDER no marco da terceira convocatoria da Iniciativa Urbana Europea (IUE). O principal obxectivo desta convocatoria é o avance das cidades cara a un futuro máis verde e dixital.

O proxecto impulsará a competitividade económica da Coruña, reducirá a súa pegada ambiental e garantirá un desenvolvemento urbano inclusivo impulsado pola IA mediante o desenvolvemento de infraestruturas que permitan a experimentación e a co-creación de IA.

Allocate fará fronte aos retos urbanos inmediatos, fomentando a participación das Pemes locais, que desenvolverán solucións de IA verdes e éticas. Ademais, buscarase crear unha nova Comunidade de Computación Local (LCC) orientada ao crecemento económico a longo prazo e a sustentabilidade ambiental urbana.

Poñerase en marcha unha nova comunidade colaborativa, apoiada polo Clúster TIC (asociación de Galicia que agrupa a máis de 150 empresas, principalmente Pemes, do sector da Tecnoloxía da Información e as Comunicacións). Espérase que se unan inicialmente unhas 40 empresas, traballando con 4 departamentos do Concello da Coruña e expertos do CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña). Lanzarase unha convocatoria entre a Comunidade de Computación Local (LCC) para seleccionar 10 Pemes e Start-ups que proben tres casos de uso urbano real do Concello.

Os casos de uso centraranse en aplicar a IA á mobilidade sustentable, á recollida e tratamento de residuos e á xestión municipal de atención cidadá.

Allocate en números

112 Empregados

112 Empregados de pemes e traballadores municipais formados en IA verde e ética

empresa

40 empresas que se unen á Comunidade de Computación Local

cerebro dixital

3 Solucións baseadas en IA para casos de uso urbanos reais

cidadáns

3.200 cidadáns beneficiados polas solucións de IA

As opinións e puntos de vista expresados son exclusivamente os dos autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade concedente poden ser consideradas responsables deles.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Elixe o teu idioma

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión