Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Promoción do comercio local

Mercado ecolóxico e de produtos de proximidade

Mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade no Campo da Leña o primeiro e terceiro domingo de cada mes de 10:00 a 15:00 horas.

No Mercado o 50% dos produtos á venda teñen certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, un 25% son vendedores de produtos ecolóxicos da cidade e o 25% restante venden produtos de proximidade. Ademais realízanse actividades paralelas como degustacións, talleres e actuacións.

Nadal

Coincidindo co final do ano e período do Nadal realízanse varias accións promocionais do comercio local.

Para dinamizar as zonas comerciais Papá Noel e os Paxes Reais percorren as rúas da cidade. Tamén se poderán atopar grupos que amenizen as xornadas de compra coas súas Panxoliñas.

Tendas a exame

Mercadillos urbanos

Vales de compra

Samaín

ECO-RUÑA

Mercado de produtos ecolóxicos, artesáns, a granel e de residuo cero.

Eco-ruña é un punto de encontro para comprar, intercambiar e ensinar que é posible consumir doutra forma.

Realizado nesta ocasión na Praza da Tolerancia co obxectivo de dinamizar as zonas da cidade máis afastadas do centro.

O mercado conta con produtos frescos, de proximidade e/ou ecolóxicos, así como produtos a granel e residuo cero, ademais de dispoñer de zonas de intercambio de libros e roupa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión