Aínda recoñecendo a importancia que os factores ambientais desempeñan no consumo de drogas, esta é unha conduta individual. Neste sentido, aínda que o contexto social pode exercer unha gran presión cara ao consumo destas sustancias, o individuo pode ter a posibilidade (se é a súa decisión e dispón das capacidades necesarias para mantela) de rexeitar tal presión e mesmo modificar o ambiente. Desta forma, ponse de manifesto a importancia que as características individuais xogan no inicio e o mantemento do consumo de drogas posto que, en función delas, cada persoa dá diferente significado aos efectos de cada sustancia e interpreta dunha maneira ou outra as influencias ambientais.
Factores individuais de risco
- Conduta antisocial: falta de conformidade coas normas sociais
- Pouca capacidade para as relacións interpersoais
- Elevada procura de sensacións (tendencia a experimentar sensacións novas e intensas, a miúdo sen reparar nos riscos que iso implica)
- Baixa autoestima e baixa asertividade
- Escasa tolerancia á frustración
- Alta necesidade de aprobación social e falta de autonomía respecto ao grupo
- Dificultade para o manexo das emocións
- Baixo aproveitamento escolar
- Falta de habilidades para tomar decisións ou resolver problemas
- Expectativas positivas respecto das consecuencias do consumo de drogas
- Pouco coñecemento sobre as drogas
- Consumo temperán de drogas
- Consecuencias do abuso físico, sexual ou emocional
- Actitudes favorables cara ao consumo de drogas
- Ausencia de valores ético-morais
Factores individuais de protección
- Resiliencia (capacidade para afrontar situacións difíciles e adversas; adaptación)
- Crenza na orde social
- Autoconcepto e autoestima sans
- Habilidade para a toma de decisións e resolución de problemas
- Pensamento autónomo, crítico e creativo
- Presenza dun proxecto de vida
- Valoración da saúde
- Habilidades para adaptarse ao cambio
- Capacidade para establecer empatía
- Capacidade para establecer e manter relacións interpersoais
- Capacidade para manexar a presión de grupo
- Relacións sociais positivas
- Capacidade para manexar emocións propias e para manexar tensión ou estrés