Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de abril de 2024

Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do circuíto Coruña Corre

As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio

O Concello da Coruña abriu esta mañá o prazo de inscrición da XV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, terceira proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que afronta neste 2024 a súa edición número 11. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na páxina web www.corunacorre.com ata o domingo 5 de maio, data na que tamén remata o prazo para apuntarse no conxunto do circuíto. O Goberno de Inés Rey mantén a súa aposta por un dos circuítos máis consolidados do calendario galego, con sete probas que enchen os barrios da cidade con milleiros de corredores e corredoras.

A Baixada Popular de Croos San Pedro de Visma celebrarase o domingo 12 de maio a partir das 10.00 horas, cando se producirá a saída da carreira absoluta, que percorrerá un total de 6.490 metros. A partir das 11.15 horas disputaranse as carreiras de categorías inferiores, un total de seis. O inicio e a meta da proba estará situada na rúa San Pedro de Visma, no cruzamento coa rúa Aguillón, próxima ao centro cívico municipal.

A carreira discorrerá pola estrada de Bens ata o parque, onde terá lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. Haberá un avituallamento sólido e líquido na meta.

As persoas participantes nesta Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma deberán retirar os seus dorsais no Centro Cívico de San Pedro de Visma, o sábado 11 de 11.00 a 20.30 horas, e o domingo 12, ata unha hora antes do comezo das carreiras. As persoas inscritas no circuíto Coruña Corre que xa teñan o seu dorsal non necesitan retirar un novo, xa que este é único para todas as probas, pero deberán confirmar a súa participación na proba ata a data límite de inscrición.

Haberá servizo de gardarroupa, de 9.30 a 13.00 horas, no centro cívico. Tamén haberá un servizo de duchas no polideportivo municipal de Labañou, de 10.30 a 13.00 horas. A entrega de premios terá lugar a partir das 12.30 horas no podio situado fronte á zona de meta.

Inscricións á proba e ao circuíto

Hai dúas posibilidades de inscrición. A primeira delas é a inscrición única ao circuíto, que dará dereito a participar nas cinco probas restantes e será a única maneira de puntuar para o circuíto e optar aos premios. Xerarase un dorsal único e as persoas participantes deberán confirmar a súa asistencia proba a proba. O prazo de inscrición ao circuíto rematará ás 23.59 horas do domingo 5 de maio, data na que tamén finaliza o prazo para a terceira proba do ano, a XV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma. As persoas interesadas en participar só nesta proba poderán inscribirse de maneira independente.

A inscripción ao circuíto ten un coste total de 24 euros (12 euros de cota e 12 euros o chip) ou 19 euros (7 euros a cota e 12 de chip) para persoas desempregadas, de máis de 65 anos e con Carné Xove. A inscrición de menores é gratuíta. Por outra banda, as persoas que participen só nesta terceira proba terán que aboar unha cota de 3 euros e 2 euros polo chip refugable, ou un total de 3 euros para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e posuidores do Carné Xove.

As inscricións e toda a información sobre o circuíto e os seus servizos pode consultarse nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.corunacorre.com.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión