Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de maio de 2020

As Bibliotecas Municipais e o Teatro Colón festexan o Día das Letras Galegas coa posta en valor da lingua como motor de creación

Os espazos culturais da cidade reivindican o idioma e a figura do escritor homenaxeado, Carvalho Calero, a través da intervención de artistas nas redes e cunha programación en que “desconfinan o idioma”

O Día das Letras Galegas estase a celebrar durante toda a semana nas Bibliotecas Municipais, en que, nesa puxa por "desconfinar a lingua", ofrecen unha programación inspirada no valor da lingua galega como motor de creación. A figura de Carvalho Calero, escritor homenaxeado na edición 2020 e o seu labor para abrir un mundo de posibilidades entre galego e portugués, constitúen o punto de partida dunha proposta integral que pon o foco na creación da nosa lingua como base do moderno sistema cultural co que conta Galicia.   

Xunto á campaña de promoción nas redes sociais protagonizada polo cancelo #DesconfinarALingua, en que se convida a participar a toda a cidadanía para que cubra a súa cara con materiais en galego (libros, cd, filmes), as persoas usuarias das bibliotecas poderán gozar, até o 17 de maio, dun conxunto de actividades que combinan a homenaxe a Carvalho Calero e a potenciación do galego para crear.  

Por outra banda, o Teatro Colón abre o seu pano nas redes sociais para as Letras Galegas e convida o conxunto de artistas galegas/os a que lle fagan unha chiscadela á celebración desde o seu confinamento para a publicaren nas redes sociais. Rodrigo Romaní, Rosa Cedrón, Emilio Rúa, Uxía, Donaire ou Xacarandaina e moitas creadoras e creadores máis xa mostraron o seu interese por participaren nesta iniciativa.   

Ademais, o Colón amplía este convite a todas as amigas e amigos do teatro para que calquera persoa participe na acción lendo algún fragmento dalgunha obra do ferrolán Carvalho Calero, publicando unha frase que lle guste especialmente ou achegando calquera manifestación artística como celebración persoal do Día das Letras (canción, mensaxe etc). 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión