Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de marzo de 2024

O Concello promove a segunda Copa Irene González Basanta, cos mellores equipos do mundo de fútbol feminino xuvenil

O Orzán SD será o anfitrión e enfrontarase ao Real Madrid, Great Falls Reston e SL Benfica

O Concello da Coruña, xunto co Orzán SD, organiza para este xoves 28 e venres 29 de marzo a II Copa Irene González Basanta, que reunirá na cidade a catro dos mellores equipos do mundo de fútbol feminino na categoría xuvenil. Nesta segunda edición participarán, ademais do anfitrión, Real Madrid, Great Falls Reston e SL Benfica.

Este torneo internacional apoyado polo Goberno de Inés Rey é unha iniciativa pioneira a nivel nacional e serve para renderlle homenaxe á figura de Irene González Basanta, pioneira do fútbol feminino que a comezos do século XX desafiou os estereotipos da súa época e cumpriu o seu soño de xogar ao fútbol, chegando a fundar o seu propio club na cidade.

O xoves pola mañá os equipos participantes serán recibidos en María Pita pola concelleira de Turismo, Diana Cabanas. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, comezará o torneo na Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias. O Real Madrid, vixente campión, enfrontarase no partido inaugural ao Great Falls Reston.

A competición divídese en dúas fases, enfrontándose todos os equipos entre eles na primeira para determinar os enfrontamentos de semifinais. Esta fase final terá lugar o venres a partir das 10.00 horas, estando prevista a final para as 13.00 horas e a entrega de trofeos para as 14.00 horas. Os partidos da primeira fase terán unha duración de 30 minutos, mentres que os da fase final serán de 45 minutos.

Calendario do torneo

Xoves 28 de marzo

  • 16.00 horas: Real Madrid - Great Falls Reston
  • 16.45 horas: SL Benfica - Orzán SD
  • 17.30 horas: Real Madrid - SL Benfica
  • 18.15 horas: Great Falls Reston - Orzán SD
  • 19.00 horas: Orzán SD - Real Madrid
  • 19.45 horas: SL Benfica - Great Falls Reston

Venres 29 de marzo

  • 10.00 horas: Primeiro contra cuarto clasificado
  • 11.15 horas: Segundo contra terceiro clasificado
  • 13.00 horas: Final

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión