Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de decembro de 2015

O Mercado de San Agustín acolle desde mañá Abecedari@, o I Salón do Libro e da Lectura, que "dinamizará o recinto municipal", segundo o concelleiro José Manuel Sande

O edil de Culturas destacou que o evento literario “abre un camiño para que os mercados municipais poidan ter outros usos”

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de presentar Abecedari@, o I Salón do Libro e da Lectura, que terá lugar desde mañá até o día 20 no primeiro andar do mercado municipal de San Agustín. “Un espazo emblemático”, segundo salientou o responsable da área, José Manuel Sande, que “abre un camiño para os mercados municipais teñan outros usos”.  “Máis aló que a nosa Concellería está interesada no emprego de espazos singulares da cidade para a as actividades ou fóra dos recintos tradicionais”, explicou o edil, con este tipo de eventos “promóvese a dinamización dos mercados, tal e como se aprobou por unanimidade no Pleno do pasado luns”, 14 de decembro. Sande quixo destacar “a boa sintonía” entre a súa área “e a Concellería de Emprego e Economía Social”, responsable dos mercados, ao traballar de forma conxunta “na promoción da cidade, a cultura e o comercio”.

O Salón do Libro e da Lectura, organizado pola Asociación de Editores Coruñes en colaboración co Concello da Coruña, comezará o 17 de decembro, Día da Edición en Galicia, unha “data emblemática” segundo Sande, ao coincidir co nacemento do editor coruñés Ánxel Casal no ano 1895, “tráxicamente falecido na Guerra Civil”.“Abecedaria é unha ocasión feliz para gozar dunha cantidade inxente de actividades en torno á lectura”, sinalou o edil de Culturas. O concelleiro tamén quixo destacar a presenza no evento das Bibliotecas Municipais a través da Biblioteca de Estudos Locais, que o ano que vén “cumprirá 25 anos” e no salón recibirá o Premio Abecedari@ “polo seu fomento da lectura, importante fondo bibliográfico e tamén para dar a coñecer este espazo a toda a cidadanía”, sinalou Eduardo Riestra, un dos organizadores do salón, quen sinalou que Abecedaria “non é só unha feira, é unha reivindicación da lectura”.

O editor Xan Arias destacou na presentación que o evento nace con vocación de “continuidade” e como “un espazo aberto, de encontro, participación e oferta arredor do libro e da lectura”. “Queremos pór en valor, de xeito transversal e contando cos editores, librerías, bibliotecas e institucións a realidade do libro, da convicción profunda que este é e segue a ser un vehículo transcendental e imprescindible”, afirmou.

Abecedari@ contará desde mañá até o domingo con numerosas presentacións, mesas redondas, obradoiros e charlas, nas que participán Javier de la Rosa, Ramón Nicolás, Armando Requeixo, Dolores Vilavedra, Luz Campello García, Oriana Méndez, Dores Tembrás, María Canosa, Marcos Viso, Marcos Abalde, Charo Lópes, Francisco X. Naval, Ali Ali, Javier Pintor ou Javier Reverte, quen presentará o seu libro Un verano chino. Tamén haberá ocasión para gozar das artes escénicas a través das actuacións de Aldaolado, Samuel Diz ou Grupo Ouriol. As compañías de teatro Viravolta, Ghazafellos e Pinga Teatro. O Salón tamén contará con actividades dirixidas ao público infantil a través de obradoiros de ilustración, encadernación ou lecturas ao vivo “orientadas a promover os hábitos creativos e culturais relacionados co libro e a lectura”, sinalou Arias.

O primeiro andar do Mercado de San Agustín contará con dúas exhibicións sobre a edición, como é unha mostra dedicada ao libro histórico coruñés e galego, realizada pola Biblioteca de Estudos Locais, e a exposición da evolución da edición na Coruña desde os orixes até hoxe en día, organizada pola Asociación de Editores Coruñeses, que o Centro Ágora exhibiu o ano pasado e que agora preséntase actualizada.

A entrada ao Salón do Libro, que abrirá de 11.00 a 14.30 horas e de 18 a 22 horas, é gratuíta.

Documentos:

Díptico Programación Abecedari@ (189 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión