Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de marzo de 2024

O Teatro Colón acolle este martes 26 o concerto de primavera do Coro Infantil e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica de Galicia

A canteira da agrupación protagoniza unha actuación que tocará unha ampla diversidade de xéneros e ritmos, con composicións de Händel, Karl Jenkins, Rachmaninov e tamén ritmos brasileiros

O Coro Infantil e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), canteira de talentos da prestixiosa agrupación, protagonizan este martes 26 un concerto especial de primavera que terá lugar no Teatro Colón, a partir das 19.00 horas.

A actuación, integrada na programación cultural impulsada polo Goberno de Inés Rey neste primeiro trimestre do ano, forma parte do proxecto 'Son Futuro', unha iniciativa educativa da OSG que abre camiño e visibiliza ás novas xeracións de músicas e músicos que se forman nas ringleiras da Sinfónica de Galicia.

No concerto deste martes haberá tempo para gozar con pezas compostas por figuras como Georg Friedrich Händel, Ralph Vaughan Williams e Sergei Rachmaninov, entre outros. Tamén co 'Adiemus' de Karl Jenkins. Haberá, en todo caso, unha ampla diversidade de xéneros e ritmos no programa da sesión, que se verá plasmada, por exemplo, coa interpretación da 'Samba lelê', música de ritmo brasileiro.

Sofía Rodríguez será a directora do Coro Infantil da Sinfónica de Galicia, acompañada de Isabel Romero como pianista. No caso do Coro Xove, levará a batuta Daniel G. Artés, con Ludmila Orlova ao piano.

Os pases para asistir ao concerto, xa á venda

As entradas para asistir á actuación deste martes 26 de marzo (19.00 horas) xa están á venda, cun custo xeral de 5 euros e de 2 euros para as persoas menores de 18 anos.

Os pases xa se poden adquirir no despacho de billetes do IMCE na praza de Ourense e na web de Ataquilla. Tamén se habilitará a venda no Teatro Colón o propio día do concerto, sempre e cando haxa pases dispoñibles.

Toda a información pode consultarse nesta ligazón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión