Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2023

Un amplo abano de servizos para a X Carreira Popular Os Rosales

Os dorsais para a proba estarán dispoñibles o sábado, véspera da competición, das 11.00 ás 20.30 horas no Polideportivo Municipal dos Rosales

Cada carreira do Circuíto Coruña Corre está acompañada dun amplo abano de servizos para as persoas participantes. A deste domingo, 21 de maio, nos Rosales non é unha excepción.

Para empezar, a recollida dos dorsais. Lembra que se dispós do dorsal para todo o Circuíto de Coruña Corre non tes que pasar a retiralo. Para quen só se apuntou a esta proba, a terceira da tempada, estarán á súa disposición o sábado 20 de maio das 11.30 ás 20.30 horas no Polideportivo Municipal dos Rosales. Excepcionalmente, tamén se entregarán nesa mesma localización o día da carreira desde as 09.00 h ata antes do comezo de cada unha das carreiras.

Lembramos que os/as participantes no Circuíto da categoría "peques" que xa dispoñen de dorsal, deberán recoller as súas pulseiras identificativas para participar na carreira, no espazo de entrega de dorsais nos días e horarios establecidos.

O código QR que incorporan os dorsais permitirá comprobar os resultados ao instante. Ademais, a aplicación de Coruña Corre tamén incorpora os tempos, percorridos e información de cada evento do circuíto e podes descargala en https://corunacorre.com/gl/web/mobile/.

A saída e a meta estarán na rúa Manuel Azaña, próxima á praza Elíptica.

A proba absoluta comezará ás 10.00 horas e ás 11.10 producirase o peche de control. A partir das 11.15 están programadas as carreiras de menores e demde as 12.05 horas, as de Peques.

O servizo de duchas habilitarase no Polideportivo Municipal dos Rosales das 10.30 ás 13.00 horas e o de gardarroupa, nesa mesma localización, das 09.00 ás 11.30 h.

Os e as deportistas poderán repoñer forzas no avituallamento, que contará cun botello de auga xentileza de Coca-Cola, un boliño de pan con pebidas de chocolate de Sanbrandan e unha barriña enerxética que achega Gadis.

E se ademais de participar e facer deporte consegues acabar nas primeiras posicións, ten en conta que a entrega de premios terá lugar ás 12.30 horas no palco situado na zona de saída e meta. Ademais, lembra que na categoría Peques hai medalla por participar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión