Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de decembro de 2015

Xulio Ferreiro destaca a imaxe da Coruña "como cidade de cultura que non só crea patrimonio, tamén impulso económico"

O alcalde participou na inauguración de Abecedari@, o I Salón do Libro e da Lectura, que terá lugar até o día 20 no mercado de San Agustín, dentro "das accións que amosan o compromiso do Goberno local por promover e dinamizar" estes espazos municipais

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou a tarde deste xoves, xunto ao concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, na inauguración de Abecedari@, o I Salón do Libro e da Lectura que dende hoxe e até o día 20 terá lugar no primeiro andar do mercado municipal de San Agustín. Organizado pola Asociación de Editores Coruñeses en colaboración co Concello da Coruña constituirá un espazo “aberto, de encontro, participación e oferta arredor do libro e da lectura e cunha inxente cantidade de actividades entorno á lectura”. O rexedor destacou o feito de que un evento como esta vén a ratificar a imaxe da Coruña como “unha cidade de cultura”, que “non só crea patrimonio inmaterial, senón tamén impulso económico”. “A cultura, os libros ou a edición foron, son e serán un dos polos de atracción económica da Coruña. Unha cidade que tamén foi, é e será vangarda. Unha cidade ilustrada, algo que durante décadas negouse para favorecer tópicos interesados, feito que xa nunca máis volverá a ocorrer”, explicou.

Ferreiro destacou que a inauguración do I Salón do Libro e da Lectura coincide no almanaque co Día da Edición en Galicia. O primeiro edil fixo fincapé na tradición editora histórica da cidade, na que destaca a aparición, no ano 27, da Editorial Nós, fundada por Ánxel Casal, membro das Irmandades da Fala, que naceu hai 120 anos. “Todas estas efemérides non fan máis que reforzar un acto que para nós é especialmente importante. Non só porque poñemos en valor á Coruña como unha auténtica cidade de cultura, senón porque con este salón, á vez, tamén poñemos o foco sobre espazos tan emblemáticos e cargados de simbolismo como o mercado de San Agustín”, dixo o alcalde, que recordou o compromiso do Goberno local con “promover a dinamización do nosos mercados municipais que tamén son patrimonio da nosa cidade”.

O mandatario local agradeceu a labor desempeñada pola Asociación de Editores Coruñeses, á vez que destacou á figura do oftalmólogo coruñés, Manuel Sánchez Salorio --medalla de ouro de Galicia 2015 e fundador da Escola Galega de Oftalmoloxía-- o pregoiro deste salón. “Tratase dun expoñente máis da potencialidade da Coruña e de Galicia, non só polo seu enviadiable curriculum, senón pola súas aportacións ao mundo científico cos seus estudos”, explicou.

A entrada ao Salón do Libro, que abrirá de 11.00 a 14.30 horas e de 18.00 horas a 22.00 horas é gratuíta. Toda a información sobre Abecedari@ está dispoñible na web do concello.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión