Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sistema de Información Ambiental (SIA)

Enténdese por información ambiental toda aquela información escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outro formato, que verse sobre as seguintes cuestións (art. 2 da Lei 27/2006, do 18 de xullo):

  • O estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, auga, chan, terra, paisaxes, espazos naturais, humidais, zonas mariñas e costeiras...), a diversidade biolóxica e os seus compoñentes, e a interacción entre estes elementos.
  • Os factores que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente mencionados, entre outros: sustancias, enerxía, ruído, radiacións ou residuos, emisións, verteduras...
  • As medidas en materia de medio ambiente (administrativas, políticas, normas, plans, programas, acordos...) e actividades que afecten ou poidan afectar os elementos e factores citados, así como as actividades ou as medidas destinadas a protexer estes elementos.
  • Os informes sobre a execución da lexislación ambiental.
  • As análises da relación custo-beneficio e outras análises e supostos de carácter económico utilizados na toma de decisións relativas ás medidas e actividades mencionadas.
  • O estado da saúde e seguridade das persoas, incluída, se é o caso, a contaminación da cadea alimentaria, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións, cando se vexan ou poidan verse afectados polo estado dos elementos do medio ambiente ou a través deses elementos.

O Concello da Coruña xestiona o seu Sistema de Información Ambiental (SIA), que recibiu un premio na II edición dos premios APROEMA de Medio Ambiente no ano 2014 pola calidade dos seus contidos.

Na páxina web que dá soporte ao seu SIA recóllense os contidos mínimos que debe incluír a información ambiental, segundo recolle o art. 7 cítase da lei mencionada anteriormente, entre eles:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión