12 de novembro de 2025
Baixo un formato didáctico, Escolante guiou aos asistentes a través das sonoridades e o vasto repertorio deste instrumento monumental. O evento que combinou a interpretación musical con explicacións detalladas sobre a construción, a mecánica e o significado cultural do órgano ao longo dos séculos, contou tamén coa presentación por parte da Numeraria do Instituto pertencente á Sección de Arte, Patrimonio e Literatura, Margarita Viso Soto.
Con esta iniciativa o Instituto Cornide busca sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de conservar e promover o patrimonio organístico, á vez que se ofrece unha experiencia musical e educativa única. A intérprete recibiu unha gran ovación pola súa maxistral actuación.
O Instituto Cornide agradece a colaboración desinteresada da comunidade jesuíta radicada na coruña, onde se ofreceu este primeiro concerto.
Un pequeno fragmento de Gabriel Pierne, Peza Op. 29 nº1 rescatado por Alejandra no ensaio co órgano https://www.coruna.gal/documentos/descarga.jsp?34155525726
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible