O numerario do Instituto Cornide, José Ramón Soraluce Blond, fai un percorrido polos edificios expresionistas que cambiaron a imaxe tradicional da cidade, con galerías e edificios eclécticos recargados, por outra imaxe máis propia da velocidade e a aceleración da vida urbana.
Para público en xeral
09/12/2025 ás 19:00
Dende o 01/12/2025 ata o 09/12/2025
Entrada libre ata completar o aforamento da sala
19:00 horas
80 minutos, aproximadamente
Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña
116
Gratuíto
Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses
institutocornide@coruna.gal
Tras a I Guerra Mundial o movemento moderno da arquitectura desenvólvese entre experiencias contraditorias, as propostas abstractas con formas xeométricas de Gropius Mies van der Rohe ou e as solucións expresionistas de superficies curvilíneas e aerodinámicas do arquitecto alemán Erich Mendelsohn, que proxectou edificios de plasticidad e perímetros redondeados, liberados do ángulo recto. Existiu tamén un expresionismo estrutural en edificios con pronunciadas ou esaxeradas formas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible