Concello da Coruña

Concello da Coruña

A necesidade de investigar para nomear correctamente

Ilustración Isabel Zendal Gómez

En 1966, no número 2 da Revista do Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses, Pastor Nieto Antúnez adiantaba datos sobre os que anos máis tarde redactaría o seu discurso de entrada como Numerario da institución. O autor se achegaba á figura da enfermeira da Expedición Balmis (1803), presentando os escasos datos que sobre ela se coñecían no momento, adiantándose así en varias décadas a estudos recentes nos que se puideron concretar aspectos básicos da súa biografía.

Un dos problemas iniciais que presentaba esta muller era o seu propio nome: Isabel Sendala y Gómez, Isabel López Gandalia, Isabel López Gandalla, Isabel Sendalla, Isabel Zendalla, Ysabel Gómez Sandalla, Isabel Cendalla o Isabel Zendala y Gómez... Pastor Nieto foi quen propuxo ao Concello dar o nome dunha rúa a esta enfermeira e en 1971 colocouse unha placa cun deses nomes, o que se cría máis próximo á realidade: Isabel López Gandalla. Pero non era o correcto. Foi preciso un intenso e prolongado labor de investigación para que o periodista Antonio López Mariño localizase o seu verdadeiro nome, que figura na nova placa da rúa: Isabel Zendal Gómez, podendo así, grazas ás súas achegas, citala correctamente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión