O Instituto «José Cornide» inicia un ciclo de música para órgano coa idea de poñer en valor o patrimonio musical e instrumental escasamente recoñecido. Este ciclo terá continuación o próximo ano. Agradecementos a Margarita Viso, Pai Poo e Marisol Mendive
Para público en xeral
12/11/2025
Xa rematou
Ata o 12/11/2025
Entrada libre ata completar aforamento
20.30 horas
60 minutos, aproximadamente
Rúa Juana de Vega 25. 15003 A Coruña
100
Gratuíto
Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses
institutocornide@coruna.gal
O Instituto Cornide quere dar a coñecer ao gran público a riqueza cultural dos nosos órganos e contribuír a poñelos en valor, con este primeiro concerto coa desinteresada colaboración da comunidade xesuíta radicada na Coruña, onde se ofrecerá este primeiro concerto-conferencia. A intérprete, a organista Alejandra Escolante Mujico, explicará brevemento as características das obras que interpretará, pertencentes a diversos estilos e épocas.
O órgano da Igrexa do Sacro Corazón é un importante instrumento, con valor engadido de ser de factura española. O seu autor e o afamado organista Federico Acitores, quen o construíu en 1994 para esta igrexa. Trátase dun órgano que sintetiza o órgano histórico español e o órgano romántico, de tal maneira que permite a interpretación dun repertorio moi variado de épocas e estilos como mostrará a conciertista. És un órgano de 24 rexistros, pedalera e con inconfundible batalla ibérica na fachada (tubos colocados en horizontal).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible