11 de febreiro de 2026
Trátase da primeira das monografías publicadas polo Cornide, a cal está centrada na biblioteca que o avogado, político e intelectual coruñés creou no seu exilio.
O acto de presentación, que tivo lugar na Casa Museo Casares Quiroga, contou coa intervención de Gonzalo Castro Prado, concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, quen destacou a relevancia da publicación.
Publicación realizada por María Lopo, na que estuda e comenta a creación da biblioteca que Satiago Casares Quiroga foi constituíndo ao longo da súa vida no exilio.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible