Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de decembro de 2025

A votación para a elección das novas incorporacións tivo lugar na reunión do Plenario de Numerarios do Instituto do 11.12.2025. O resultado da votación entre as candidaturas propostas foi o seguinte:- Amparo Alonso Betanzos, enxeñeira química, investigadora en intelixencia artificial e presidenta da AEPIA.- Ana Dorotea Tarrío Tobar, investigadora no campo da Xeometría Diferencial e as súas aplicacións.- Carlos González Guitián, autor de numerosos artigos relacionados coa biblioteconomía e a documentación, ademais da historia da Ciencia.- Xosé Alfeirán Rodríguez, investigador e autor de numerosas publicacións sobre a historia da Coruña.

O Instituto Cornide reforza a súa estrutura coa elección de catro novas persoas numerarias

Con estes nomeamentos cóbrense vacantes existentes no Instituto e dáse un paso estratéxico no cumprimento da súa misión fundacional: a excelencia na investigación e divulgación do patrimonio local.

Para poder ser membros de pleno dereito, estes candidatos electos deberán presentar no prazo dun ano, un discurso que versará sobre algún dos temas relacionados cos fins do Instituto Cornide, segundo recóllese no artigo 6 dos Estatutos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión