6 de novembro de 2025
Este ciclo de 4 conferencias co título xeral de «Castelao e o seu tempo» terán lugar en Cásaa Museo Casares Quiroga , unha proposta de reflexión ao redor da figura, o pensamento e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu falecemento.
Este ciclo de conferencias están organizadas polo Concello da Coruña e a Fundación Castelao, coa colaboración do Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses, casa Museo Casares Quiroga, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Real Academia de Belas Artes.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro Prado, destacou que o ciclo representa unha oportunidade para que A Coruña honre a Castelao coa altura intelectual e institucional que merece.
Con este ciclo de conferencias preténdese ofrecer unha lectura plural de Castelao desde diferentes xeracións e perspectivas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible