
O 19 de decembro de 1881 Seoane enviou unha carta en francés ao célebre científico inglés Charles Darwin. O galego identificábase coa revolucionaria teoría do ilustre colega e realizaba a este un par de consultas relacionadas co seu labor científico. A contestación de Darwin foi inmediata, o 27 de decembro dese mesmo ano respondeulle cunha carta, un valioso documento que custodia o Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses.
Cómpre subliñar que esa carta é a única dirixida polo naturalista inglés a un colega español tratando de cuestións científicas. A segunda circunstancia extraordinaria do escrito ten que ver con que Darwin estaba no período final da súa vida ―morrería o 19 abril do seguinte ano― polo que a posibilidade de recibir unha carta del estaba a ser ben reducida.
O científico inglés, no seu escrito, deu resposta ás preguntas de Vítor López Seoane sobre o desenvolvemento embriolóxico e «a maneira de facer as especies».
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible