Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña nomeará Fillo Predilecto a Salvador de Madariaga

Chegada de Madariaga

O Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses organizou un acto solemne no Salón de Sesións, para conmemorar o 50 aniversario do retorno da Salvador de Madariaga á súa cidade natal, un fito que puxo fin a 40 anos de exilio motivados pola ditadura franquista. Durante esta celebración, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey García, anunciou a próxima concesión a título póstumo do recoñecemento de Fillo Predilecto da Coruña ao soado escritor e diplomático.

O acto, que encheu por completo o salón municipal, replicando a histórica expectación de 1976, serviu para poñer en valor a vixencia do intelectual coruñés. A directora do Instituto, Ana Romero Masiá, destacou a enorme transcendencia do legado que o propio Madariaga cedeu a Coruña e que hoxe custodia o Instituto Cornide, un tesouro documental de incalculable valor, que permanece aberto á investigación internacional.

Pola súa banda, o historiador Emilio Grandío Seoane, foi o encargado de contextualizar a relevancia histórica deste regreso, que coincidiu coa morte de Franco e o inicio da transición democrática, analizando o impacto e o significado profundo que supuxo o exilio político de toda unha xeración de intelectuais.

A homenaxe completouse cunha excelente axenda artística e cultural: Presentouse un retrato inédito de Madariaga realizado polo recoñecido artista Siro López. poesía, coa lectura do poema Elegía a la muerte de Federico García Lorca, obra do propio Madariaga, interpretada por Santiago Fernández, coa interpretación á guitarra de Marcos Álvarez.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión