Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Esencia

De Ignacio García May

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/03/2026 ata o 28/03/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

25'00, 20'00, 15'00, 10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Pierre e Cecil, dous vellos amigos, reencóntranse despois de moitos anos. A súa conversación, mesturadacon recordos e reflexións, está atravesada pola espera dun misterioso autor que nunca vai chegar. Ou quizais estivo presente desde o principio? Esencia é unha das obras máis enigmáticas de Ignacio García May, unlabirinto de percepcións onde a realidade cambaléase e tórnase difusa. Unha invitación á reflexión e aocuestionamento das nosas propias certezas, unha exploración sobre a realidade que nos rodea. Esencia é ainexistencia mesma do real.

Con Juan Echanove e Joaquín Climent

Dirección: Eduardo Vasco

Coprodución do Teatro Español e Entrecajas Producciones Teatrales

Venda de entradas soltas desde o 9 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión