
Dentro do vasto legado documental de Domingo Quiroga Ríos, destaca polo seu valor histórico e técnico a colección «Industrias Pesqueiras». Como subscritor histórico desta publicación -líder en España- e colaborador habitual, Quiroga non só preservou os seus exemplares, senón que deixou neles a súa propia pegada a través de numerosos estudos e informes especializados. Este arquivo converteuse, por tanto, nunha fonte imprescindible para comprender a evolución do sector pesqueiro.
Fundada en Vigo en 1927 por iniciativa da Asociación Xeral de Industrias Pesqueiras e a proposta do seu presidente, José Barreiras Massó, a revista naceu co obxectivo de ser un referente técnico e o órgano oficial da Asociación. Baixo a dirección de Fernando de Miguel Rodríguez, os seus primeiros números contaron con ilustracións de artistas da talla de Castelao e Maside. Grazas á súa calidade, a publicación mantívose ata a actualidade, consolidándose como unha consulta esencial para os estudiosos da historia da pesca en Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible