Concello da Coruña

Concello da Coruña

O reflexo da primavera: os narcisos de Seoane

A primavera

Os narcisos son as plantas que vemos florecer nos bosques e prados húmidos entre os meses de marzo e abril. As súas fermosas flores anuncian a promesa da primavera e a tregua do tempo, algo especialmente desexado neste 2026, no que as choivas e os ventos foron continuados.

O xénero Narcissus está formado por plantas bulbosas perennes da familia Amarylidaceae. A súa beleza fixo que, desde tempos moi antigos, foses cultivadas e apreciadas como plantas ornamentais.

O nome procede do grego narkissos, en alusión ás propiedades narcóticas que se lle atribuían á planta. Pola súa forma e polo seu simbolismo, tamén se relaciona co coñecido mito de Narciso, o mozo da mitoloxía grega que quedou fascinado coa súa spropia imaxe reflectida na auga.

O naturalista galego Víctor López Seoane demostrou un gran interese por estas plantas. Ao longo da súa vida xuntou, coleccionou e intercambiou diferentes especies, aínda que finalmente non chegou a publicar un traballo específico sobre o tema. Por iso, entre os seus documentos consérvanse numerosas notas e debuxos dedicados aos narcisos, aguno dos cales presentamos agora como unha pequena contribución á divulgación da súa obra científica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión