Concello da Coruña

Concello da Coruña

Preestrea da curtametraxe "Corre"

Preestrea da curtametraxe "Corre", protagonizada por Lucía Veiga, Sara Miranda e Saamira Ganay.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/06/2026

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Iria, Amira e a súa filla Alex viven nunha Coruña próxima e distópica. Despois da "revolta dos inadaptados", estas dúas nais loitan por sacar adiante a súa filla e por sobrevivir nun sistema que nunca imaxinaron posible.

A continuación da proxección terá lugar unha actuación musical de Belém Tajes (compositora e intérprete da banda sonora), seguida dun coloquio con parte do equipo técnico e artístico da obra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión