Concello da Coruña

Concello da Coruña

Noites en María Pita: Miguel Ríos & The Black Betty Trío

MIGUEL RÍOS & The Black Betty Trio presentan "UN LARGO TIEMPO", o seu novo álbum de estudio

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/08/2021

Xa rematou

Horario:

22.00 horas

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Máis de 12 anos de espera son o equivalente a "Un largo tiempo", o novo álbum de estudio de Miguel Ríos. En realidade, o artista granadino nunca se despediu de todo do seu público e, nun ano de pandemia mundial e 11 anos despois de anunciar a súa retirada, gravar 10 cancións novas é unha das mellores noticias que se lles podería ofrecer aos seguidores do artista.

"Un largo tiempo" é como eses discos clásicos cheos de pasaxes sonoras, de contrastes canción a canción que nos convidan a deter o tempo e a deixarnos levar polo poder dos seus textos e a voz pletórica de Miguel. Un disco en acústico, por primeira vez na súa carreira musical, que traen de volta  á esencia do máis puro rock and roll, abrindo paso ás guitarras, ao piano, ao violín, aos detalles de mandolina, de steel guitar e algún delicioso arranxo de corda. 

Descarga o programa en PDF

  • Fiestas Maria Pita 2021 - Xenérico (Galego) (139 KB)
  • Fiestas Maria Pita 2021 - Música (Galego) (276 KB)
  • Fiestas Maria Pita 2021 - Exposicións (Galego) (307 KB)
  • Fiestas Maria Pita 2021 - En familia (Galego) (246 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión