A Meniñeira, que aparece cada vez que alguén lle murmura a unha nena ou a un neno pequeno: “acouga”, intenta borrar as penas, afastar os medos, coa música das palabras e dos sons que arrolan. Pedro Chosco, co seu saco cheo de area e de soños, recolle para a Meniñeira as palabras que se gardan coma tesouros. Aquelas palabras que, con dicilas ou escoitalas, nos debuxan un sorriso e nos entornan as pálpebras.
De 1 a 3 anos
Familias, Para público en xeral
11/01/2018
Sesión das 17.00 horasXa rematou
Dende o 30/10/2017 ata o 10/11/2017
Entradas esgotadas
trinta minutos
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuíto
Cativos e cativas maiores de 1 a 3 anos que terán que ter a compañía dunha persoa adulta.
"Acouga" é un espectáculo pensado cunha intención poética, a da evocación das palabras, a da recreación da música da linguaxe. O xogo escénico ponse ao servizo dun momento compartido onde personaxes da mitoloxía galega como "A Meniñeira" ou "Pedro Chosco" toman corpo para descubrirnos a esencia do fantástico, que é a aprendizaxe do mundo. Nada mellor que acompañalos nesta aventura, a dos inicios da linguaxe, con toda a súa capacidade de suxestión.
O espectáculo está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible