Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ágora

Teatro/auditorio

No lado sur do edificio sitúase un amplo teatro/auditorio cun aforamento para 530 persoas (máis a fila 1 para cadeiras de rodas) distribuído en patio de butacas e anfiteatro. A platea ten unha superficie de 302 m2, o anfiteatro 144 m2 e o escenario 286 m2. As proporcións da sala están dimensionadas segundo criterios visuais, acústicos e polo seu carácter polivalente, xa que se destina a obras de artes escénicas en vivo, teatro, ópera, música ou ballet, danza contemporánea ou novo circo e, ademais, conferencias de gran formato ou congresos. Trátase dun espazo moi funcional, cun excelente equipamento escénico, con modernas instalacións e, á vez, dunha gran beleza volumétrica e espacial.

O acceso público prodúcese dende a entrada principal por medio dunha rampla que descende suavemente ata a platea. O acceso ao anfiteatro prodúcese pola mesma rampla. Ademais dos accesos internos, o teatro ten tamén acceso directamente ao exterior que serve tamén de saída de urxencia.

Por último, cabe destacar que o noso auditorio está equipado cun bucle magnético. O bucle magnético consiste nun sistema que permite a certo tipo de audífonos (os dotados de posición T) illar a palabra do son ambiente, permitindo así que persoas con problemas de xordeira poidan gozar do espectáculo coa mesma calidade có resto dos espectadores.

Taxas

Programación relacionada

A procura non produciu resultados.

Planta 0

Mapa planta cero
  • Biblioteca
  1. Acollida
  2. Aula
  3. Aula
  4. Aula
  5. Zona adultos
  6. Zona mocidade
  7. Zona infantil
  8. Bebeteca
  • Cafetería
  1. Sala aberta 
  • Teatro
  1. Zona de butacas
  2. Escenario
  3. Despacho de entradas

Lenda símbolos

  1. Acceso ao edificio
  2. Escaleiras
  3. Ascensores
  4. Aseos

Enlaces relacionados

Descargas relacionadas

  • Ayuntamiento de A Coruña Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
  • Logotipo Urbana-C
    • Ayuntamiento de A Coruña / Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • Teléfono: 981 184 200 | 010
     ¦ 
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa