Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ágora

Servizos

Planta segunda

Mapa planta segunda
  • Vestíbulo de acollida
    1. Chill out
    2. Área de dirección
  • Talleres e aulas polivalentes
    1. Aulas: 11,12,13,14 e 16
    2. Aula 10: informática
    3. A ou la 1 5: coucina
  • Auditorio
    1. Camerinos

Planta primeira

Mapa planta primeira
  • Servizos á cidadanía
  1. Ventá municipal
  2. Servizos sociais
  • Vestíbulo
  1. Vestíbulo entrada
  2. Vestíbulo entrada
  • Aulas
  1. Aulas  5, 6, 7, 8 e 9
  • Auditorio
  1. Platea

Planta 0

Mapa planta cero
  • Biblioteca
  1. Acollida
  2. Aula
  3. Aula
  4. Aula
  5. Zona adultos
  6. Zona mocidade
  7. Zona infantil
  8. Bebeteca
  • Cafetería
  1. Sala aberta 
  • Teatro
  1. Zona de butacas
  2. Escenario
  3. Despacho de entradas

Planta soto

Mapa planta soto
  • Outras instalacións
  1. Aparcadoiro
  2. Almacéns
  3. Instalacións

Lenda símbolos

  1. Acceso ao edificio
  2. Escaleiras
  3. Ascensores
  4. Aseos

O Centro Ágora vén completar a rede de centros cívicos, sociais e veciñais (neste momento composta por 22 equipamentos repartidos polos diferentes barrios da cidade) nos que o Concello da Coruña estivo traballando ao longo dos últimos 20 anos para dar prestacións e cubrir as demandas cidadás en relación cos servizos sociais, a formación non regulada, o lecer, o saber e a participación cidadá.

O Centro Ágora é un equipamento integrado no que a cidadanía atopará servizos e recursos que satisfagan necesidades de tipo cívico, social e cultural dirixidas a todo tipo de públicos. É por iso o seu programa de actividades e recursos ten que ser necesariamente complexo, diversificado e múltiple, abarcando tanto os servizos sociais, a educación, a formación continuada, a administración, a información á cidadanía, a reunión comunitaria e o tempo libre, o espectáculo e a cultura nas súas múltiples manifestacións. Dada esa diversidade de funcións o Centro Ágora aglutina actuacións propias de diferentes áreas municipais tales como Igualdade, Cultura, Servizos sociais, Educación, Espectáculos e Interior.

Todas estas funcións encóntranse nun edificio, aínda que a súa verdadeira vocación está ligada e próxima ao concepto e ás calidades dun espazo público aberto como unha praza (de aí o nome de Ágora) que é susceptible de acoller a vida cidadá en todas as súas expresións. Así, a cidadanía atopará no Centro Ágora o departamento de servizos sociais, o rexistro e as oficinas de atención á cidadanía, espazos para talleres e aulas polivalentes ou de usos múltiples, salas de informática e vídeo, áreas con exposicións, ludoteca infantil e sala de xogos para adultos, biblioteca infantil, xuvenil e de adultos, cafetería e un amplo teatro/auditorio dotado con medios profesionais para a presentación de todo tipo de espectáculos.

Estes servizos están a disposición de todos os coruñeses, especialmente dos veciños e veciñas dos barrios máis próximos ao Centro Ágora como son Agra do Orzán, San Pedro de Visma, Mariñeiros, Rosales, Ventorrillo e Labañou que poderán dende ler un libro ata participar nun obradoiro de cociña e encontrar actividades formativas e lúdicas de todo tipo, cursos e talleres, seminarios e exposicións, espectáculos de danza, teatro e música ou programas de tempo libre aproveitando a praza cuberta e o espazo exterior do edificio.

Pero ademais desta programación cívica, social e cultural de proximidade, o Centro Ágora proponse xerar un novo modelo de equipamento e unha práctica institucional que investigue e formule actuacións con varias velocidades e a longo prazo co fin de que as diferentes facetas da cultura se convertan en ferramentas para o progreso persoal e social en todas as súas dimensións. Con este ambicioso obxectivo o Centro Ágora organizará actividades de fondo calado como congresos, seminarios ou exposicións para reler a nosa historia recente e revisar temas de actualidade tales como sustentabilidade, ecoloxía, multiculturalidade e convivencia cidadá, posición subalterna e precariedade, cuestións de xénero e diversidade sexual, identidade cultural, etc.

Entre estas actividades que completan a oferta do Centro Ágora encóntrase o proxecto piloto dunha plataforma dixital de educación en liña na que, como se dunha ágora virtual se tratase, a cidadanía atopará cursos que poderá seguir a distancia a través de Internet. O nome da devandita plataforma é UP@AGORA e parte das antigas organizacións obreiras autoxestionadas nadas en 1901 co obxectivo de ofrecer unha programación formativa e de lecer para a clase traballadora que se diferenciase da regulada e que insistise no progreso persoal e a capacitación e a reciclaxe laboral. A Coruña foi a sexta cidade en contar cunha universidade semellante e creouna Wenceslao Fernández Flórez en 1906 co obxectivo de fomentar a instrución dos traballadores despois da xornada laboral. A plataforma dixital segue cumprindo fins semellantes; pero, partindo da mesma idea, adáptase aos novos tempos marcados polas tecnoloxías da información e a comunicación.

Este é un exemplo do tipo de propostas que no Centro Ágora temos en marcha para investigar novas formas de estimular a integración social ou o benestar cidadán e para facer da cultura unha ferramenta efectiva que xere avance e progreso persoal e social en todos os terreos.

Ágora completa a rede de centros pero non se presenta como un punto de chegada senón como un punto de partida. A actitude investigadora, o interese pola innovación e a tendencia á experimentación fan do Centro Ágora un vector proxectado ao futuro que acompañará a cidadanía no desenvolvemento das súas facetas sociais, formativas, lúdicas e culturais.

  • Ayuntamiento de A Coruña Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
  • Logotipo Urbana-C
    • Ayuntamiento de A Coruña / Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • Teléfono: 981 184 200 | 010
     ¦ 
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?