Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. Taller Integra2

Taller de expresión corporal co obxectivo de traballar a multiculturalidade e integración dos veciños do barrio da Agra.

A quen vai dirixido?:

Persoas de diferentes nacionalidades, interesadas no mundo artístico e creativo.

Cando:

25/10/2014, de 17:00 a 21:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/10/2014 ata o 23/10/2014

Horario:

De 10.00 a 14.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Inscrición previa en agradirecto@coruna.es ou no Ágora, enviando o formulario cuberto.

Páxina web:

www.coruna.es/agradirecto

Documentos:

Formulario de inscrición Taller Integra2 (177 KB)

Durante 4 horas e da man do colectivo Accem utilizaremos o movemento como ferramenta de expresión corporal, buscando a interconexión entre as persoas participantes e potenciando as capacidades creativas de cada un deles.

Non se traballará cun guion establecido. O fío narrativo da actividade baséase na unión dos sentidos e no descubrimento de novas formas de entender a arte.

O obxectivo é fomentar a colaboración grupal e a socialización por medio da creatividade, dar oportunidade á exploración artística traballando en equipo, permitindo á súa vez aumentar o grao de recoñecemento persoal e a autoestima.

QUEN: Colectivo Accem www.accem.es e un equipo de 10 a 15 persoas, de diferentes nacionalidades, interesadas no mundo artístico e creativo, sen ter en conta as súas capacidades físicas nin psíquicas.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión