LOCALIDADES ESGOTADAS
Familias, Infancia, Para público en xeral
01/05/2017
Xa rematou
17.00 h
* Pídese puntualidade (unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala).
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
5,00 euros
Menores de 3 anos: 2,00 euros
Tel.: 981 189 888
Festival Solidario Mamá Cabra e amigos. FAGAMOS REALIDADE A BIOPSIA LÍQUIDA.
Gloria Mosquera e Tomi López, fundadoras de Mamá Cabra, organizamos e convidamos a amig@s y seguidor@s da música infantil a participar neste concerto solidario co que nos unimos á campaña que en xaneiro deste ano lanzaron desde o Grupo de Oncoloxía Médica Translacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. É este un grupo multidisciplinar formado por investigadores básicos e clínicos, que centra a súa investigación nun dos maiores desafíos actuais en oncoloxía, as metástases.
Biopsia líquida
A biopsia líquida consiste no estudo do material tumoral presente no sangue dos pacientes e constitúe unha ferramenta clave para caracterizar os tumores, permitindo tanto a elección de terapias como o seguimento da enfermidade de forma non invasiva e dinámica.
Campaña de micromecenado
Oncomet está a levar a cabo unha campaña de micromecenado na que convida a todos e todas a participar colaborativamente no financiamento da investigación en biopsia líquida (www.oncomet.es).
Cando nos chegou a información deste proxecto comezaron as chamadas e as conversas en que as ideamos este concerto no que ademais de nós estarán: Diego Maceiras (acordeón), Iago Rodríguez, Javier Constela (piano), Harry Price (violín), Carliños Freire (batería), Brais das Hortas (guitarra), Pablo Vidal (contrabaixo).
Do son encargarase Manolo Dourado (Madouma) e da produción executiva URDIME.
Uxía, Chus e Ana Senlle, Xoán Curiel, Magín, Paco Nogueiras, Olga Kirk e Pablo Díaz encherán o escenario de música e voces coas que celebrar este festival solidario.
Luchi Iglesias, Pepablo Patiño, Jorge Casas e Montse Piñón serán as encargadas de achegar a parte teatral a este día.
Agardámosvos para xuntos facer realidade a biopsia líquida.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible