de Rahul Jain
Para público en xeral
09/01/2018
Xa rematou
20:00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)
** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.
VO en inglés e hindi subtitulada en castelán
India, Reino Unido
Dirección: Rahul Jain
Produción: Rahul Jain, Iikka Vehkalahti, Thanassis Karathanos
Fotografía: Rodrigo Trejo Villanueva
Son: Susmit "Bob" Nath
Edición: Rahul Jain, Yaël Bitton
Hipnótica, laberíntica e desoladora. Miles de traballadores exhaustos, interminables xornadas laborais de 12 horas e unha inmensa fábrica téxtil en Surat, unha cidade industrial no noroeste da India. A cámara viaxa lixeira entre os corredores deste inframundo invisible, onde humanos e máquinas son a mesma cousa.
O cineasta Rahul Jain debuta cunha obra valente e persoal. As curtas conversas que mantén cos traballadores descolócannos e engade unha nova capa de lectura a un filme que vai máis aló da denuncia da explotación laboral. Observamos incrédulos unha realidade dramática que nos atrapa polo seu esplendor sonoro e visual.
Unha mirada dura, e á vez dunha sensibilidade extraordinaria, á explotación dos traballadores das fábricas dos países en vías de desenvolvemento que nos obriga a reformularnos se as dinámicas produtivas do mundo no que vivimos son as máis idóneas.
Premios e festivais
IDFA - Países Baixos, 2016
Docpoint Talinn - Estonia, 2016
CPH:DOX Copenhagen International Documentary Film Festival - Dinamarca, 2016
Vilnius International Film Festival KINO PAVASARIS - Lituania, 2016
Ljubljana Documentary Film Festival - Eslovenia, 2016
Sofia IFF - Bulgaria, 2016
DocuDays Ukraine - Ucraína, 2016
Docpoint Helsinqui - Finlandia, 2016
Frames of Representation @ ICA London - Reino Unido, 2016
Doc Fortnight, MoMA's International Festival of Nonfiction Film and Media - Estados Unidos, 2017
it's all true IDF - Brasil, 2016
ONE WORLD FESTIVAL / People in Need Czech Republic / Get your Audience program - República Checa, 2017
"Human Values Award" of the hellenic parliament @ Thessaloniki DFF - Grecia, 2016
Fipresci Award @ Thessaloniki DFF - Grecia, 2016
International Jury Award @ Thessaloniki DFF - Grecia, 2016
World Cinema Documentary Special Jury Award for Excellence in Cinematography, Sundance - Estados Unidos, 2017
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible