Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival de danza: Tributo ao musical, organizado pola ONG Ecos do Sur

As escolas de danza da Coruña únense neste festival solidario a favor de Ecos do Sur. Un evento para toda a familia, tributo aos grandes musicais da nosa historia: Mamma Mia!, O Gran Showman, Sweet Charity, Grease, 101 Dálmatas e moitos máis!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/07/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

4,00 €

Os alumnos e alumnas de Steps Danza, Capoeira Coruña de Ouro, Cinderella escola de ballet e a escola de baile World Dance Center mostrarán todo o seu talento nun espectáculo inesquecible e con impacto social, xa que todos os beneficios recadados destinaranse ao proxecto Sawabona que a ONG Ecos do Sur desenvolve na cidade.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Agora: día de función desde 1 h antes (só se hai entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h / sábados de 14.00 a 22.00 h / domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión