Concello da Coruña

Concello da Coruña

Juan José Millás - Libros en directo

O ciclo "Libros en directo" termina a súa segunda temporada coa participación do escritor e xornalista Juan José Millás que falará sobre a súa última novela, "La mujer loca".

Cando:

17/06/2014, de 20:30 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Organiza:

Polisemias
Juan José Millás falará con Pedro Ramos sobre o seu libro La mujer loca (Seix Barral, 2014). Esta novela narra, cun fino sentido do humor, as tribulacións dun escritor, Millás, á caza dunha reportaxe que novelar ou dunha novela que "reportaxear". Ficción e realidade, realidade e ficción mestúranse para crear unha crónica actual, íntima e honesta con personaxes entrañables como Julia (peixeira nunha gran superficie, de día, sanadora de palabras, de noite), Emérita (unha muller feita a si mesma, ferraxeira cun gran segredo) e Serafín (esposo e meditador).

O ciclo Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e organizado por Polisemias, coordinado por Pedro Ramos, conseguiu convocar na Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores coñezan, por boca dos propios autores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión