O terceiro poemario de Pablo Fidalgo Lareo céntrase na construción do individuo, do "eu" a través da familia (non en van, "familia" é a palabra máis repetida en todo o volume).
16/10/2014, de 20:30 a 21:30
Xa rematou
20.30 h.
1 hora
Entrada libre ata completar a capacidade.
Indaga especialmente na cuestión da liñaxe, da herdanza moral e psicolóxica que se traspasa de proxenitores a descendentes. Á súa vez, pesa a dor e a angustia nesas relacións familiares que, aínda que tratan de evitalo, inevitablemente vense afectadas polos sucesos históricos. Respecto diso, algunhas pezas céntranse no exterior, pero sempre o enfoque é a construción do "eu".
Trátase sempre de situacións conflitivas, non apracibles, contraditorias, mesmo, pois oscilan entre o amor e o odio. Os vínculos e os coidados móstranse como opresivos, ditatoriais, que non lle permiten desenvolverse ao individuo. A falta de agarimo ("o seu amor non é circular") ou a sobreprotección e a carencia de motivacións resultan algúns dos aspectos máis destacados, e con eles o autor crea unha atmosfera asfixiante.
Alberto García-Teresa. larepublicacultural.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible