Concello da Coruña

Concello da Coruña

I Encontro Coruña Dixital

Coruña Dixital é un programa pensado para facilitar a conexión das persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento sustentábel de proxectos innovadores e con capacidade transformadora, ben sexan iniciativas creativas, culturais, sociais ou profesionais.

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/09/2016

Xa rematou

Horario:

de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:30

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Acceso gratuito Plazas limitadas.

Neste primeiro Encontro Coruña Dixital, co que abrimos a programación municipal de actividades, poderemos coñecer as principais tendencias e as iniciativas máis interesantes no eido da cultura dixital, da innovación social a través de prácticas dixitais, dos proxectos tecnolóxicos sociocomunitarios, dos contidos dixitais colectivos, do espírito maker e tamén achegarnos a proxectos abertos de programación e robótica educativa.

Farémolo da man de convidados de luxo como o coruñés Juan Freire (experto de referencia en innovación e cultura dixital), José Luis de Vicente (investigador e comisario de Sónar+D, a área de innovación do festival Sónar de Barcelona), a galega Beka Iglesias (artivista dixital e coordinadora de laboratorios de arte, ciencia e tecnoloxías libres) ou Fran Díaz de Autofabricantes (proxecto de autofabricación colectiva de próteses persoais en código aberto).

Tamén teceremos unha ampla panorámica do que está a suceder en Galicia da man de referentes como Fran Quiroga (novas prácticas culturais e comúns), María Yáñez (contidos dixitais comunitarios), Chus Prol (escena maker) e a xente de Escornabot, proxecto xurdido no colectivo coruñés Bricolabs, con que nos achegaremos á programación e robótica no eido educativo.

Todo isto durante a mañá (10:00 a 14:30) e con formatos áxiles de charlas e conversas, de menos de vinte minutos cada unha. Para rematar o día, xa na sesión de tarde (16:30 a 19:30), será o momento para que calquera poida participar en mesas horizontais onde compartir coñecemento e experiencias coas persoas convidadas. Da man de Diego Parajó (Tek-Fest), abriremos tamén o código de Coruña Dixital, posibilitando que entre todas poidamos reescribir e mellorar as posibilidades desta iniciativa que terá continuidade en 2017.

En definitiva, unha cita imprescindible para tecer redes, inspirarse, aprender e experimentar xuntas coa cultura dixital. Inscríbete xa na web de Coruña Dixital! (prazas limitadas).

 

Inscripción

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión