IX Festival Infantil de Baile e Música Tradicionais
Familias, Para público en xeral
28/04/2018
Xa rematou
17.30 h
SOLICÍTASE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 3,00 €
(carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, 2, 00 €)* É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada
**Todos os que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo, deben facelo con entrada
O festival infantil O Berce de Donaire nace pola inquedanza da A.C. Donaire de que os cativos tamén teñan o seu espazo para amosar todo o que aprenden nas escolas de música e bailes tradicionais. A primeira edición celebrouse no ano 2010, e dende aquela chegaron nestes anos grupos de gran parte da xeografía galega.
Nesta novena edición acompañarannos Os Rueiriños dende o veciño concello de Oleiros e tamén a escola do Centro Cultural A Pontevella de Teo nun festival que se celebrará o sábado 28 de abril no Centro Ágora.
VENDA DE ENTRADAS
DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE De luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
DESPACHO DE BILLETES DE ÁGORA Aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
TELEVENDA: 902 044 226 (De luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible